Compostela recibiu o peregrino número 200.000 de 2023

1 minutes read

Este mércores chegou a Santiago de Compostela o peregrino número 200.000, unha cifra que por segundo ano consecutivo se acada antes da celebración do Día do Apóstolo, o próximo 25 de xullo. Segundo os datos que ofreceu a Fundación Catedral a Turismo de Galicia, neste 2023 hai un incremento do 14% no número de peregrinos respecto a 2022. Destaca o incremento de peregrinos internacionais procedentes de Corea, Estados Unidos e Australia. Estes datos foron analizados polo novo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, que se reuniron para coñecer de primeira man o funcionamento da Oficina de Acollida ao Peregrino.