Aínda falta máis dun mes para a cita, pero xa están abertas as inscricións. Poderán formalizarse a través do enderezo electrónico que facilita a Administración local no seu sitio web e canles de redes sociais. Poderán facerse ata o 25 de agosto.
A ruta transcorrerá polo Val de Vimianzo e haberá unha xincana de habilidade ao remate da mesma e a saída será ás 11:00 horas, con punto de concentración a praza do Concello ás 10:30 horas. Terá un percorrido de 11 quilómetros.
Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto e a inscrición será totalmente de balde. Será obrigatorio o uso de casco para todas as persoas que participen na actividade. Está dirixida a todos os públicos.
O obxectivo prioritario desta é fomentar a actividade deportiva saudable para a veciñanza, así como colaborar á difusión da importancia do emprego dun medio de transporte sostible, a bicicleta.