Val do Dubra acolleu unha homenaxe aos profesionais que loitaron contra a covid-19

1 minutes read

O acto organizado no Concello de Val do Dubra, contou coa presenza do Ministro de Sanidade, José Miñones, o alcalde, Diego Luis Díaz, e a xerente da área de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, e a xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo.

Durante o evento, no que se inaugurou un monólito no exterior do centro de saúde coa presenza dunha representación do seu persoal, a xerente do Sergas destacou que “Galicia foi, e segue sendo, líder dunha vacinación que salvou moitas vidas, vacinación que a Xunta puido organizar, grazas a vós, dun xeito rápido e eficaz. Non hai homenaxes suficientes para agradecer o traballo de todo o persoal do servizo galego que demostraron valentía e coraxe, sobre todo nas primeiras etapas dunha pandemia descoñecida. O medo e a incerteza non foron quen de amedrentar os nosos sanitarios e sanitarias”.