26
Os nenos e nenas participantes no programa ‘Meniñeiro de Verán’ promovido polo Concello de Cabana participaron na iniciativa ‘Pegadas de Man’, impartida pola presidenta da Asociación Mar de Fábula, Virxinia Barros López.
Na xornada, a rapazada tivo ocasión de adentrarse no eido do coidado dos ecosistemas mariños a través de obradoiros artísticos con crebas do mar. Neles puideron darlle unha segunda vida aos residuos mariños que eles mesmos recolectaron converténdoos en auténticas obras de arte.