A alcaldesa, Inés Rey, visitou as instalacións do parque municipal de Bombeiros, en Agrela, instalacións nas que o Goberno municipal levou a cabo un investimento de 760.000 euros, só en materia de infraestruturas, durante o pasado mandato. Deste xeito, aproveitou a súa presenza para dar a coñecer o novo camión de primeira intervención destinado a este servizo, un Scania fabricado e adaptado especificamente para as intervencións do equipo, especializado en levar a cabo traballos de excarceración ante posibles accidentes de tráfico na estrada. O novo camión está dotado cunha caixa de cambios automática e un xerador de última xeración. Ademais, a cisterna do vehículo, de aceiro inoxidable, ten unha capacidade de 1.500 litros. A este respecto, o camión conta tamén cunha bomba de extinción de presión combinada, idónea para a execución de traballos en edificios de altura. O investimento levado a cabo polo Concello para adquirir o vehículo foi de 298.500 euros.
20