Mellora a situación da auga en Betanzos

1 minutes read

As últimas analíticas apuntan a que os traballos de desinfección realizados pola empresa concesionaria están a dar os seus froitos e que durante a próxima semana podería cambiar a situación. Así o anunciou a alcaldesa, María Barral, despois de manter unha nova reunión de seguimento co persoal responsable técnico de saúde pública, Augas de Galicia e Viaqua, para valorar as últimas actuacións e as analíticas que diariamente se van realizando. A alcaldesa destacou o esforzo que novamente se fixo por parte de saúde pública e a empresa concesionaria e o propio Concello con xornadas de horas e horas de traballo na procura de solucións e en poñer os medios para que esta situación se corrixise canto antes.