Evacuadas dúas persoas en Padrón despois de sufrir unha saída de vía coa súa moto

1 minutes read

O suceso acontecía na estrada N-550, á altura do punto quilométrico 75, ao seu paso polo concello de Padrón. Ao fío das 05:15 horas da madrugada deste mércores, un particular informaba ao 112 Galicia dun accidente grave na parroquia de Cruces. Indicaba que dúas persoas necesitaban asistencia sanitaria despois de saírse da vía coa súa moto.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos efectivos do GES de Padrón e dos axentes da Garda Civil Tráfico. Igualmente, pasouse aviso aos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, o persoal de emerxencias confirmou ao 112 que os feridos foron evacuados ao centro hospitalario en ambulancia. Ademais, solicitouse a intervención do servizo de mantemento da vía para a realización das tarefas de limpeza da estrada.