20
Segundo informan dende o Concello a implantación desta medida estase a realizar de xeito progresivo e individualizado en función das características de cada espazo axardinado. Así, por exemplo, nas sendas ciclo-peonís desconectaranse temporalmente os sistemas de rega, e no resto dos espazos limitaranse a 2-3 días á semana, agás en puntos moi concretos nos que é preciso un aporte de auga diario. En función de evolución de cada una das zonas verdes, e tamén da seca, decidirase o mantemento, a redución ou a ampliación das frecuencias e dos tempos de rega.