Boikot e Def con Dos, cabezas de cartel da nova edición do Flores Rock, na Coruña

1 minutes read

Boikot e Def con Dos serán o plato forte desta edición do festival, que terá lugar o 2 de setembro no parque central do Barrio das Flores. A elas súmase como grupo estrela Demenzia Social, banda gañadora da primeira edición da batalla de bandas do Flores Rock celebrada en xullo na sala O Túnel co obxectivo de dar a coñecer artistas locais.

Crowded e Noxxo, segunda e terceira clasificada da batalla de bandas, serán as encargadas de abrir a xornada musical que continuará coa Paella Popular a partir das 14.00 horas. Xa pola noite retomaranse os concertos con Sol Rain e Del alma, aos que lle seguirán Demenzia Social, Boikot e Def con Dos respectivamente.

Tamén haberá actividades para os máis pequenos no marco do Flores Kids como guitarra e batería, xogos, actividades teóricas e dous concertos con Pako Pakolas e a exhibición dos alumnos da academia de Rock.