Un tremor de magnitude 6,1 sacudiu este xoves boa parte de Colombia, sen que ata o momento as autoridades informasen de vítimas ou danos. Segundo o Servizo Xeolóxico Colombiano, o sismo, que inicialmente fora calculado de magnitude 5,9, foi en realidade de 6,1 e ocorreu á 12.04 hora local (17.04 GMT), cunha “profundidade superficial, menor a 30 quilómetros”. O epicentro situouse na localidade do Calvario, no departamento do Meta, no centro do país, a poucos/pouos quilómetros da capital colombiana. O tremor sentiuse con intensidade en Bogotá e noutras cidades do país, onde moitas edificacións foron evacuadas debido á emerxencia. Trece minutos despois do tremor, á 12.17 hora local (17.17 GMT), cando a xente empezaba a retornar ás súas residencias e oficinas, unha réplica de magnitude 5,6 volveu a sacudir ao país. A axencia de defensa civil de Colombia sinalou que os residentes foran evacuados en todo o municipio de Calvario, en Meta, onde as xanelas da zona resultaron danadas polos sismos. Na próxima Villavicencio, a axencia informou dun esvaramento de terra e dixo que o seu persoal estaba a comprobar se había máis impactos.
17