Muxía vístese de gala para acoller, do 7 ao 11 de agosto, a Romería Virxe da Barca de Muxía 2023, unha edición na que destacan as grandes orquestras e a tirada de maior traca de bombas de toda Galicia.
O alcalde, Iago Toba, foi o encargado de presentar o cartel oficial desta edición, xunto á concelleira de Cultura, Olalla Benllonch, e membros da comisión de festas.
Toba destacou que “este é un cartel de primeiro nivel, formado polas mellores orquestras e os mellores grupos tradicionais de Galicia. É un verdadeiro orgullo render homenaxe a esta marabillosa Romería de Interese Turísitico Nacional”, concluíu.