21
A do Pico Sacro é unha das 720 covas catalogadas ata o momento no Atlas Espeleolóxico de Galicia. Para quen queira vivir a experiencia, haberá dúas novas visitas guiadas o 6 e o 23 de setembro, organizadas polo Concello de Boqueixón. A cova explorouse por primeira vez no século XVII. Agora o concello de Boqueixón organiza visitas guiadas para grupos reducidos. Especialistas da Federación Galega de Espeleoloxía acompañarán o grupo no seu percorrido, unha hora de visita que inclúe un descenso vertical duns 20 metros.