Vimianzo mellorará a eficiencia enerxética do polideportivo municipal

1 minutes read

O Concello de Vimianzo executará o proxecto de mellora da eficiencia enerxética do polideportivo municipal. As obras, en fase de licitación, terán un orzamento base de case 267.000 euros e o prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 25 de setembro.

Actuarase tanto nas fachadas como na cuberta, substituíndose as actuais chapas metálicas sen ningún tipo de illamento, por paneis de aceiro prelacados  de 100 milímetros e expesor e cun núcleo de lá de rocha, que suporá unha mellora substanciable con respecto á mellora enerxética do edificio.

Estes paneis tamén mellorarán as condicións acústicas da construción, e para dar iluminación natural ao interior realizaranse tramos con paneis translúcidos tanto na fachada como na cuberta.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, asegura que “con estes traballos darase solución a un problema estrutural de fai moito tempo, co conseguinte aforro tamén de custes en materia de enerxía que se adican a esta instalación”, insiste.