Nela espéranse atopar os restos de: Francisco Miguel Fernández Díaz, Juan Boedo Pardo, Pedro Pinilla Calvete e do seu pai Pedro Pinilla Fraga.
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) ten contacto con tres das familias pero leva tempo tratando de localizar algún familiar de Pedro Pinilla Calvete ou de Pedro Pinilla Fraga, para que poidan asistir á exhumación e sexanselles tomadas mostras de ADN para unha posible identificación xenética dos restos. Non son os únicos represaliados nesta familia, tamén foi Enrique de 23 anos e Andrés de 29 anos, mortos o 25 de setembro de 1936.
Esta actuación foise atrasando debido ao rexeitamento inicial dalgúns veciños da parroquia, por temor a que afectase o estado actual do recinto, pero unha vez a asociación organizou charlas informativas nas que explicou ao detalle como traballarían acabaron aceptando.