Vimianzo aproba o Plan Único para rehabilitar varias vías e humanizar a rúa Castelao

2 minutes read

O Concello de Vimianzo celebrou unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación, no que se aprobou, entre outras medidas, o Plan Único da Deputación da Coruña, que se destinará á rehabilitación de varias vías municipais (tramos de Tines a Reboredo, pavimentación nunha pista de Treos e nova pavimentación na estrada do Arxomil a Carnio), así como á humanización da rúa Castelao e acondicionamento do núcleo de Colúns.

En total, máis de 600.000 euros se destinarán a tal fin. Contou cos votos favorables dos concelleiros e concelleiras do grupo de goberno e do Partido Popular, e a abstención do Bloque Nacionalista Galego de Vimianzo.

Ademais, durante a celebración do mesmo se aprobaron varios suplementos de crédito para liquidacións de obras (entre estas, mantemento e mellora de estradas municipais na parroquia de Berdoias, execución da rede de saneamento en Carantoña, senda peonil na contorna do rego de Cambeda ou a mellora do ciario no núcleo de Manlle) e promoción cultural e fomento do deporte, cos votos favorables do grupo socialista e do Partido Popular, e a sinalada diverxencia de votos entre o voceiro do Bloque Nacionalista Galego e a concelleira que completa o grupo nacionalista.

Nos puntos quinto e sexto, tamén saíron adiante os ditames sobre as bonificacións do ICIO a Gandeiría Penelo e Granxa Riveiro, polas solicitudes de licenzas municipais para levar a cabo a construción dunha granxa de vacas de carne en Bamiro e a construción de estabulación en Magro, na parroquia de Calo, respectivamente. O primeiro contou cos votos favorables de todos os grupos. O segundo, que se refiere á de Magro, cos votos favorables do grupo socialista e do concelleiro do Partido Popular, e a abstención do BNG.

Na sesión, e como último punto, se aprobou inicialmente a Ordenanza de Administración electrónica do Concello de Vimianzo.

Primeira incongruencia

A alcaldesa, respecto a ambos puntos de bonificacións, quixo sinalar a “curiosa diferencia no sentido de voto, xa que ambos puntos son administrativamente idénticos, só se diferencia no titular solicitante”, incidindo en que “un cambio na postura significa tamén a diferencia segundo quen sexa o solicitante, o que nos parece tremendamente grave”.

Rodríguez subliñou, durante a sesión, que non consideraba este comportamiento “anómalo” debido a que “nin entre ambos integrantes do BNG existe consenso, como se demostrou hoxe nalgún dos puntos do debate”.

Os nacionalistas afean que non se concedan subvencións

Durante a sesión, o portavoz do Bloque Nacionalista Galego ‘afeoulle’ ó grupo de goberno que non se tivera concedido “axudas” ó Soneira S.D. A alcaldesa respondeulle, de maneira tallante, que “o primeiro que hai que facer ó vir a un Pleno é ter lido a documentación que se pon a disposición dos concelleiros e das concelleiras. De ser así sabería que no punto do suplemento de crédito existe un apartado referente precisamente promoción e fomento do deporte onde se recollen as axudas para actividades deportivas”, donde previamente “non fixeron a consulta e realizando a crítica destrutiva e en ningún momento propoñendo melloras a calquera dos puntos propostos”.