Falece unha persoa en Santiago e outra en Outes en sendos atropelos

1 minutes read

O primeiro sinistro mortal sucedeu na rúa da Poza Real de Arriba, en Conxo, en Santiago de Compostela, ao fío das 06:00 horas deste martes, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba ao 112 Galicia dun atropelo a unha persoa. Engadían, ademais, que o vehículo implicado continuara a marcha. Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local, da Nacional e dos Bombeiros, polo que dúas persoas foron detidas. Nada mais chegar ao punto, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento dun home de 59 anos.

Outes

Unha muller faleceu este martes ao ser alcanzada por un coche no Freixo, no concello de Outes. o accidente produciuse ás 12.00 horas no quilómetro 58 da estrada AC-550 que une Noia e Muros. Segundo informa o 112 Galicia, mobilizouse un helicóptero para atender a vítima do atropelo, ademais doutros equipos de urxencias, pero a muller, veciña da zona e que acostumaba a pasear camiñando polo lugar, faleceu debido á gravidade do seu estado.