Muxía instala un novo sistema na cuberta do edificio da Camposa

1 minutes read

Muxía comezou cos traballos de cambio de cuberta do edificio da Camposa, que estaba causando grandes danos materiais no interior e impedindo a programación de actos dentro do recinto. O Concello investirá máis de 56.500 euros nesta intervención que, ademais, non terá prexuízo económico para a veciñanza xa que esta obra está nun plan de subvencións financiada na súa totalidade.

Novidosos sistema e material TPO

A empresa adxudicataria empregará un novidoso sistema e material TPO de gran resistencia que está a ter un gran éxito en instalacións de todo tipo de recintos. Os traballos comezaron coa instalación de todos os sistemas de seguridade e está previsto que nestes días dean comezo os traballos de instalación. Tras o cambio de cuberta, procederase tamén a realizar unha nova instalación de sistemas de ventilación do Salón do Voluntariado, así como melloras de son e teas dos escenarios.