19
A A-28 é a principal autovía de pago con Galicia e conecta Camiña co Porto. É a fronteira portuguesa con maior intensidade media diaria de vehículos lixeiros e que usan a diario multitude de galegos, pero esta estrada non contará co desconto do 30 % que o Goberno portugués si aplicará noutras autovías. O malestar de empresarios, alcaldes e veciños de ambos lados da raia é xa un clamor. O prezo vai dende os 4,25 euros para os turismos ato os 6 euros para os vehículos de gran tonelaxe e os condutores non teñen outras alternativas. Dende o Alto Miño din que a medida é unha traba para a competitividade da rexión e que non afecta só os traballadores transfronteirizos, senón tamén o turismo.