UCIN critica a contratación de 11 asesores por parte da alcaldesa de Santiago

1 minutes read

Unión de Cidadáns Independentes (UCIN), critica o gasto que o Concello de Santiago de Compostela gobernado pola alcaldesa do BNG Goretti San Martín, levará a cabo coa contratación de 11 asesores, que supoñerá un custo anual de 75.000 euros cada asesor. José Luis Calo Coordinador de UCIN Galicia, asegura que é “ intolerable ” que o Concello se haxa convertido nunha oficina de colocación do BNG”, aprobando máis gasto en asesores, o que supoñerá o mais alto da súa historia. UCIN asegura que o Concello de Santiago converteuse nunha oficina para a colocación de “amiguetes ” por parte de Bloque Nacionalista Galego. O tema é máis intolerable se temos en conta que a alcaldesa está a gobernar en minoría co apoio do partido socialista, apoiando estas “cifras históricas ” que se están alcanzando en asesores, conclúen desde UCIN.