22
A concellería de Medioambiente do Concello de Malpica continúa traballando para impulsar a reciclaxe dos residuos urbanos especiais lanzando unha nova ruta de recollida que comezará o vindeiro luns, 9 de outubro, ata o mércores 27 de outubro.
Recolleranse porta a porta os seguintes residuos:
- Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas…
- Graxas e manteigas: animal, de roxóns…
- Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor…
- Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes…
- Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas…
- Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores…
- Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido…), só se solicita que estea limpo.
- Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas…
A empresa RGR Sostenible, S.L. será a encargada de realizar este traballo. O día da recollida, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9.00 horas. Podes contactar coa empresa a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp).