O Concello de Muxía trasladou as reiteradas queixas que chegan sobre o deficiente funcionamento do comedor do colexio dos Muíños, tanto de incidentes supostamente ocorridos nel como a falta de equilibrio dos menús, aos tres ámbitos responsables do servizo.
Así, o equipo Goberno fixo levar a súa preocupación por esta problemática a Dirección do colexio dos Muíños, Consello Escolar e Consellería de Educación, os tres organismos que desde o executivo consideran oportunos.
O alcalde de Muxía, Iago Toba, quixo destacar que “parece ser que os pais e nais afectados intentaron poñerse en contacto coa dirección do centro pero non tiveron unha resposta adecuada nin foi resolta a problemática. Por iso, desde o grupo de goberno entendemos que, de ser certas estas incidencias no comedor, urxe corrixilas canto antes”.