O voceiro da Casa Branca, John Kirby, asegurou nunha rolda de prensa que ten información desa transferencia de armamento, sobre a que Washington alertara hai semanas e que se produce despois da reunión en setembro entre o líder norcoreano, Kim Jong-un, e o presidente ruso, Vladímir Putin.
“A nosa información indica que, nas últimas semanas, Corea do Norte proporcionou a Rusia máis de mil contedores de equipo militar e municións”, dixo Kirby.
A Casa Branca difundiu imaxes que, presuntamente, mostran a transferencia de armamento de Corea do Norte a Rusia. Desde Dunay, os contedores trasladáronse por tren ata un depósito de municións no suroeste de Rusia, preto de Tijoretsk, a uns 290 quilómetros da fronteira rusa con Ucraína por ferrocarril.