Un lume destrúe unha vivenda en Cee | Por sorte, o Parque de Bombeiros estaba operativo

1 minutes read

Os Bombeiros do Consorcio Provincial de A Coruña con base en Cee foron requeridos por mor dun incendio que se declaraba nunha vivenda preto das 15:00 horas deste martes na rúa da Armada, no Concello de Cee. Despois de que un familiar directo conseguise sacar á persoa que estaba no interior e véndose ambas afectadas pola inhalación de fume, con todas as portas abertas, o fume tamén se estendeu a todas as estancias, causando importantes danos materias en toda a vivenda.

Por sorte non houbo maiores desgrazas persoais, pero o colectivo de profesionais anti incendios reflexiona: ¿Qué sucedería se o Parque de Bombeiros de Cee non estivera operativo este martes, algo que sucede con frecuencia últimamente?.

Pois que o tempo de resposta incrementaríase ao ter que ser atendida a emerxencia por Bombeiros de Santa Comba (sempre e cando tamén estivesen “abertos”, ou polo Ges de Muros se non estivesen noutra intervención) como servizos profesionais máis próximos.

Os Bombeiros reflexionan e piden reflexión tamén aos seus superiores para que tomen medidas urxentes para poñer fin de unha vez por todas aos recortes que veñen sufrindo en material, persoal, etc… Cargando duramente, e con razón, contra os xestores dos parques, Xunta de Galicia e deputacións provinciais.