Cada vez son máis as familias carballesas que apostan pola crianza con Apego ao noso idioma. E para seguir fomentando a transmisión do galego como lingua inicial, desde a área de Normalización Lingüística estamos a promover e desenvolver actividades durante todo o ano. A próxima, programada para o mércores 25 de outubro, será un obradoiro de primeiros auxilios dirixido a familias con fillos e fillas de cero a seis anos de idade. O prazo de inscrición está aberto no 981 704 048.
De aquí a final de ano seguirá a programación, e xa están previstas para novembro dúas novas propostas: Baba-bebé, da Xanela do Maxín, o día 8, e A viaxe de Lup, con Sole Felloza, o 22. Se queres máis información ou formar parte das familias Apego só tes que achegarte ata o Servizo de Normalización Lingüística, na casa do concello.