Santa Comba camiñará a prol da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

2 minutes read

A Asociación xalleira “Unha Amiga Sabe Ver que Precisas unha Aperta”, en colaboración co Concello de Santa Comba, organiza para o vindeiro mércores 1 de novembro unha Andaina Solidaria co fin de recadar fondos destinados integramente á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica que dirixe un veciño de Santa Comba, o doutor Ángel Carracedo Álvarez.

A actividade para todos os públicos comezará ás 10 da mañá (se a climatoloxía o permite) e a organización ten preparado un percorrido circular de 10 km sin grandes dificultades e asequible para a maioría das idades.

Para a Asociación que preside Ana M.ª Ferreiro é “un auténtico orgullo poder colaborar cunha Fundación que traballa pola investigación médica en Galicia e desde Galicia a través de grandes profesionais dirixidos polo noso veciño máis ilustre, Ángel Carracedo. Tamén me gustaría agradecer a diversas empresas que colaboran desinteresadamente con esta e coas distintas actividades que levamos a cabo, donando froita, auga ou incluso materiais para sorteos. Todos sumamos un gran de area pola causa.”

O Concello de Santa Comba tamén se amosa moi implicado e sensibilizado neste tipo de iniciativas, como indica o alcalde Alberto Romar: “ Para un concello como o noso é moi importante que o noso tecido asociativo fomente este tipo de actividades participativas, máis si cabe si estas actividades teñen un fin tan trascendente como é o apoio á investigación científica nunha enfermidade como é o cancro e, ademáis, apoiando a unha Fundación que dirixe o Fillo Predilecto de Santa Comba, o doctor Carracedo”.

Neste momento, os anotados á andaina xa superan o medio centena, e todavía está aberta a inscrición, que se pode facer nun formulario en liña e no teléfono 676400186. A inscrición é de 3 euros, e os participantes tamén poden mercar “merchandising” da Asociación ou sumarse con algunha aportación económica para a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, aínda que non participen no percorrido.