Camariñas aproba a concesión de licenza para crear un xeriátrico na Ponte do Porto

0 minutes read

O Concello de Camariñas aprobou este xoves en Xunta de Goberno Local a concesión da licenza para a construción dunha residencia xeriátrica na Ponte do Porto. A iniciativa, de carácter privado, ten o obxectivo de acondicionar un edificio xa existente na rúa Gándara de Abaixo para transformalo nun xeriátrico de 41 prazas.