Denominado “Constrúe en verde 2023”, o Concello de Santa Comba é beneficiario, xunto cos Concellos de Negreira, Val do Dubra e da Baña, dunha subvención por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a realización dun Obradoiro de Emprego para 20 alumnos/as distribuídos en tres especialidades: de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes; outro en operacións auxiliares de revestimentoscontinuos en construción; e un terceiro en operacións auxiliares de albanelaría de fábricas e cubertas.
Este Programa de Emprego terá unha duración de 12 meses e a preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego Santiago Norte, onde serán preseleccionados aqueles que demanden algún dos seguintes servizos: Escolas Taller, Casa de Oficios, Taller de Emprego, e outros programas de emprego formación dual. Os destinatarios deste Obradoiro deberán ter os 18 anos cumpridos para poder participar no mesmo.
A data de inicio está prevista para o 11 de decembro de 2023. O prazo máximo de inscrición é este venres, 24 de novembro ata as 12:00 horas. Para máis información sobre este proceso poden poñerse en contacto coa oficina de emprego dos concellos participantes.