O vindeiro mércores 29 de novembro no Viveiro de Empresas de Cerceda (C/Innovación, s/n, Polígono do Acebedo – 15185 Cerceda) a Cámara de Comercio da Coruña celebrará a xornada informativa gratuíta NOVIDADES LEGAIS 2024 para persoas autónomas e empresas, en modalidade presencial, en horario de 20.00 a 22:00h. Desde a Entidade afirman que se trata de facilitar unha información útil sobre as novidades legais que lles permitan unha mellor xestión económica dos seus negocios.
Neste taller tratarase:
- Comunicación da estimación de rendementos netos das persoas autónomas.
- Ampliación do prazo para as persoas autónomas societarias.
- Revogación da non suxeición á obrigación de presentar declaración por ter rendementos de Actividades Económicas iguais ou inferiores a 1.000 euros.
- Redución por obtención de rendementos en estimación directa simplificada aplicable a traballadores economicamente dependentes.
- Ampliación da redución para gastos de difícil xustificación na declaración da renda.
- Aumento da redución xeral aplicable sobre o rendemento neto de módulos obtido no período impositivo 2023.
- Rebaixa do tipo impositivo de Imposto de Sociedades para a pequena empresa.
- Obrigación de emitir facturas electrónicas entre empresas.
- Obrigación de TPV homologado.
Será impartido polo docente David Abad Fernández. CEO en Cendá Consulting. Consultoría en Formación e Xestión Empresarial. Máster en Tributación e Asesoría Fiscal en EF Business School. Anteriormente Auditor en ICICE Auditores e en Grant Thornton Spain.