A asociación Vieiro, dentro da súa programación no ámbito de prevención familiar, comezou a súa andaina coas Escolas de Familia baixo o título: “Pais e nais no océano educativo”
Se algunha persoa está interesada en acudir a algunha escola, pode anotarse chamando á Asociación Vieiro ao teléfono 981756161 ou a través do Whatsapp 604075815 deixando o seu nome, número de teléfono e a escola á que desexe asistir.
- O luns, día 13 de Novembro, deu comezo a Escola de Familia do Ceip Nétoma-Razo que ten lugar na antiga escola de Nétoma-Razo en horario de 18.30 a 20.00 horas. As reunións lévanse a cabo mensualmente.
- O mércores 22 de Novembro, iniciouse a Escola de Familia que ten lugar na sede de Vieiro sita en R/ Xazmíns, Nº 2, en horario de 18.00 a 19.45 horas. As reunións lévanse a cabo semanalmente.
- O venres, día 24 de Novembro, iniciouse outra Escola de Familia con periodicidade semanal. Ten lugar na sede de Vieiro sita en R/ Xazmíns, Nº 2, en horario de 19.45 a 21.15 horas
- Está pendente de inicio a Escola de Familia do CEIP Bergantiños o vindeiro mércores 13 de Decembro en horario de 16.00 a 17.30.
Ademais das escolas anteriores que se imparten en Carballo, a Asociación Vieiro trasládase a outros concellos da comarca de Bergantiños:
- O luns, día 13 de Novembro, deu comezo a Escola de Familia do CPI Zas en horario de 16.00 a 17.30 horas. As reunións lévanse a cabo quincenalmente.
- O xoves 16 de Novembro deron comezo dúas escolas no CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha. Unha de 17.00 a 18.30 e outra de 18.30 a 20.00. Ambas as con periodicidade quincenal.
- Ademais están pendentes de inicio unha Escola no CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva e no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso.
A duración das escolas será ata o mes de maio. As sesións teñen unha duración dunha hora e media.
Os talleres que se levarán a cabo nas escolas de familias son:
TALLER 1: : “CARTAS DE NAVEGACIÓN” (HABILIDADES SOCIAIS)
TALLER 2: “BUSCANDO O NORTE” (DISCIPLINA POSITIVA)
TALLER 3: “CADA BARCO TEN O SEU TEMÓN” (NORMAS E LÍMITES )
TALLER Ou 4: “CAPEANDO O TEMPORAL” (RESOLUCIÓN DE CONFLITOS)