Conservas Calvo obsequiará aos seus empregados con cheques compra do CCA Carballo

1 minutes read

Dende o Centro Comercial Aberto de Carballo (CCA) comunicaban este venres o que definiron como unha moi boa nova para o comercio asociado, xa que Conservas Calvo este Nadal obsequiará aos seus empregados con cheques compra do CCA Carballo.

Cada un dos 470 traballadores recibirá catro cheques de 10 € que deberá consumir nos establecementos adheridos ao CCA Carballo.

Estes cheques serán como un billete de 10 € que os socios descontarán na compra realizada ou servizo demandado e a continuación comunicarano ao CCA que se pasará a facer efectivo o seu pago.

Dende o CCA afirman estar “moi halagados pola confianza depositada por unha gran empresa como Calvo no CCA” e contan con todos para cumplir dun modo eficiente con esta responsabilidade.