21
Este pasado venres, e para estrear decembro, o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, acudiu ó colexio da Silva para manter un encontro coa rapazada, no que intercambiaron inquedanzas respecto ó que supón a xestión municipal.
O rexedor respondeu ás preguntas das pequenas e pequenos, e aproveitou para convidalos ás actividades de Nadal que realizará o Concello de Cerceda, así como felicitarlles as Festas.