Este domingo xornada de portas abertas da asociación carballesa Un Paso Máis

1 minutes read

Con enerxía e entusiasmo, a nova xunta directiva asumía fai uns días o desafío de reemprender as actividades de Un Paso Máis, co firme convencemento de impulsar un cambio positivo na comunidade. Dende o primeiro día, vislumbran unha visión clara e traballan arduamente para planificar actividades significativas que beneficien aos seus membros e fortalezan os lazos comunitarios. Dende a Directiva recén elixida expresaban o seu profundo respeto polo legado deixado polos seus predecesores e comprométense a estar á altura das expectativas. 

Agora convidan á veciñanza a súa xornada navideña de portas abertas. A cita será este domingo 17 de decembro de 10 a 13 horas na Escola de Arrabaldes, xunto á Capela da Milagrosa en Carballo. Nela presentarase esta nova xunta directiva e explicarán o seu proxecto para o próximo ano. Tamén contarán coa asistencia de Papá Noel, que recibirá a os nenos e nenas que alí se acheguen. Ademais, terán un espazo para aqueles que queiran elaborar e entregar a súa carta.