Debido a problemas de saúde dunha das compoñentes do dúo Caamaño&Ameixeiras é imposible manter a actuación prevista para este sábado, ás 21.30, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica.
A formación Maricarme está composta por Antía Ameixeiras (violín, voz e percusión), de Caamaño&Ameixeiras e dous músicos cunha ampla traxectoria e contrastada calidade artística: Cibran Seixo (violín, electrónica, percusión e voz) que ten tocado con artistas tan recoñecidos coma Carlos Núñez, Tanxugueiras, Davide Salvado, Budiño, Uxia Senlle, Banda das Crechas, Radio Cos), e Migui Carballido (Bouzouki, percusión e voz) que ten pasado por grupos como Kalma, A Banda Desarmada, Porcoteixos e os escoceses Holiday Club e na actualidade é membro de Maricarme e tamén forma parte dos proxectos Zeltía, Irevire e Mai.
A Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do Concello de Malpica, desexa unha pronta recuperación a Sabela Caamaño e convida a participar, ás 20.30, deste sábado, día 30, na III Foliada de Cantos de Nadal da man da Asociación Cultural Raigañas, a Asociación Cultural e Deportiva Carcaxía e a Asociación Cultural Malante e ás 21.30 da actuación de Maricarme, que están seguros farán desfrutar, co seu bo facer musical, a todas/os asistentes.