Rusia atacou con 90 drons de tipo Shahed obxectivos ucraínos, durante as primeiras horas deste 2024. Un mozo de 15 anos morreu e oito persoas resultaron feridas despois de que os restos dun dos 87 drons derrubados polas forzas ucraínas impactasen contra un edificio residencial na cidade de Odesa. Ademais, os proxectís tamén provocaron pequenos incendios en varias zonas, entre elas o porto da cidade. Namentres, catro persoas faleceron e outras 13 resultaron feridas por bombardeos ucraínos contra zonas de Donetsk ocupadas por Rusia. Unha persoa morreu e outra resultou ferida en bombardeos sobre a cidade fronteiriza rusa de Shebekino. No seu discurso de Aninovo o presidente ucraíno Volodímir Zelenski prometeu utilizar armas nacionais contra Rusia en 2024 e advirte aos rusos de que vivirán o mesmo inferno que os ucraínos.
21