Máis de 100 mortos por dúas explosións en Irán 

1 minutes read

Polo momento descoñécese a causa das explosións, pero polo menos 103 persoas morreron e outras 140 resultaron feridas como consecuencia delas no cemiterio da cidade iraniana de Kerman, ao sueste do país, xusto cando se celebraba a conmemoración da morte do xeneral Soleimani. Segundo a televisión estatal iraniana, primeiro hai habido unha detonación e seguidamente outra. Ata o lugar desprazáronse miles de persoas para conmemorar o cuarto aniversario do asasinato por parte dos Estados Unidos do tenente xeral Qassem Soleimani. O líder militar é considerado un mártir en Irán tras un ataque con drons estadounidenses no ano 2020. Soleimani foi o arquitecto das actividades militares rexionais de Irán. A súa morte provocou grandes procesións no pasado. No seu funeral desatouse unha estampida e polo menos 56 persoas morreron e máis de 200 resultaron feridas mentres miles de persoas asitían á procesión.