Aumenta a tensión entre as dúas Coreas

1 minutes read

Corea do Norte disparou máis de 200 proxectís de artillería ao mar, preto dunha tensa fronteira marítima na costa da península de Corea, en dirección cara a dúas illas surcoreanas. Unha acción que Seúl cualificou de “acto de provocación”, mentres respondía con simulacros de lume real. Anteriormente, ordenouse a evacuación das illas de Yeonpyeong e Baengnyeong, en Corea do sur, a pedimento dos militares. O Goberno de Pionyang declarou posteriormente que realizara os exercicios de tiro como “resposta natural” ás accións militares dos “gánsteres militares” surcoreanos dos últimos días. Esta semana, Corea do Sur e Estados Unidos realizaron os primeiros exercicios conxuntos de tiro, con munición real, deste novo ano 2024. Mentres tanto, o líder norcoreano Kim Jong-un visitou coa súa filla pequena unha fábrica de vehículos lanzamisiles, nunha simbólica imaxe de poderío militar. Kim Jong-un, ordenou aos seus militar “aniquilar completamente” a Corea do Sur e Estados Unidos se inician un enfrontamento bélico, nunha nova mostra de agresiva retórica dirixida a Seúl e Washington.