O PSOE de Coristanco califica a Cabalgata de Reis de ‘chapuza e engano’ á cidadanía

1 minutes read

O PSdeG-PSOE de Coristanco, tras a celebración da Cabalgata de Reis na tarde deste pasado venres sinalaba que este ano “volvemos a ver un espectáculo igual que anos anteriores: bochornoso”. Para os socialistas é “unha cabalgata anclada no pasado, sen aumentar a programación e deixando desantendidos os diferentes lugares deste Concello, é decir, deixando fora da celebración a maioría dos pequenos e maiores.

“Un referente dos festexos navideños como é a Cabalgata dos Reis Magos, e Coristanco volve a fallar para a maioría dos nenos e nenas deste Concello”, sinalan os socialistas. A agrupación local insiste en que é “unha cabalgata moi mellorable, na que se podería propoñer un percorrido por todo o Concello cunha xuntanza final para o peche dos festexos”.

O portavoz Socialista, José Manuel Pérez Abelenda, adxudica á xestión e planificación deste evento ao equipo de goberno, que segue sen mudar co acontecido en anos anteriores e critica abertamente o estado “da única carroza, non acorde aos tempos actuais”, conclúe.