Este sábado 13 de xaneiro a capital de Bergantiños acollerá unha reunión do Consello Nacional do Partido Galego (PG), así como a presentación en sociedade da súa executiva local. Dende a formación subliñan a relevancia da nova agrupación carballesa, que pretende ser un motor que a maiores de beneficiar a súa veciñanza, sirva para avanzar no progreso do conxunto da Costa da Morte.
A presentación en rolda de prensa será no Bar Bristol ás 17:30 horas. Acto seguido, ás 19:00 horas terá lugar a reunión do Consello Nacional do partido, na que participarán compañeiros e compañeiras das diferentes comarcas de Galicia.
Entre os obxectivos desta xuntanza está a “análise da boa andanza do Partido Galego no último ano que serviu para presentarse ás Eleccións Municipais e avanzar na firme consolidación do proxecto político de centro galeguista, naqueles concellos onde formaron candidaturas electorais e conseguiron chegar xa a outros que como Carballo, están a traballar para presentarse nas seguintes, cun equipo de xente formidable e comprometida con Carballo”, afirman dende a formación.
Contacto
Luís Bardanca (Portavoz da Agrupación) 605642674
Sergio Guntín (Secretario Local) 649953744
Suso Ares (Coordinador Xeral) 644710923