Alfonso Rueda reunirá a todos os presidentes autonómicos do PP este domingo na Coruña 

1 minutes read

O PPdeG organizará o próximo domingo na explanada de Palexco da cidade da Coruña o acto Queremos construír España desde as Comunidades Autónomas, que estará presidido polo presidente Alfonso Rueda e contará coa presenza de todos os presidentes autonómicos do Partido Popular. Así o anunciou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, en declaracións aos medios na cidade herculina acompañada polo presidente provincial do PP, Diego Calvo, e o líder local do partido, Miguel Lorenzo. Diego Calvo, agradeceu de antemán a asistencia a este acto “nunha reunión de traballo que reforza ao noso presidente e candidato, Alfonso Rueda, nun momento importante no que toda España está a sufrir unhas desigualdades que ata o de agora eran impensables, que provocan que en función onde vivas teñas uns dereitos ou outros”, afirmou.