José Matteos participará na próxima edición da Mostra de Camariñas, onde se poderá ver a súa nova colección cápsula Edición Limitada de vestidos de noiva con Encaixe de Camariñas. Esta exclusiva colección foi presentada recentemente durante a semana da moda de París, nun showroom privado dirixido a profesionais do mundo nupcial, onde tamén se exhibiron os vestidos mostrados polo modisto na Mostra de Camariñas do 2023.
O deseñador coruñés ten un compromiso pola elegancia atemporal, onde o enfoque vangardista dos deseños, están tamén pensados para resistir as tendencias efémeras e manter o seu atractivo estético ao longo do tempo. O deseñador é pioneiro na experimentación con formas e estruturas novas co Encaixe de Camariñas, introducindo siluetas inusuais e arquitectónicas, como corpiños realizados a partir de panos de encaixe de Camariñas que Matteos crea a partir das tiras de encaixe elaboradas polas artesás dos palillos
Na nova proposta, busca o equilibrio entre a incorporación do Encaixe de Camariñas, o deseño, a exclusividade e a democratización da moda de autor. Onde o encaixe de Camariñas transciende como exemplo destacado da rica tradición artesanal de Galicia incorporada á moda nupcial, así como a súa beleza atemporal, que contribuíu a manter viva esta forma de expresión artística ao longo dos anos.
Nesta nova proposta, José Matteos busca coidadosamente o equilibrio entre a incorporación do Encaixe de Camariñas, o deseño, a exclusividade e a democratización da moda de autor. O encaixe de Camariñas elévase como un exemplo destacado da rica tradición artesanal de Galicia que se fusiona de maneira harmoniosa coa moda nupcial, resaltando a súa beleza atemporal que contribuíu a manter viva esta forma de expresión artística ao longo dos anos.
Matteos, quen entende a moda como unha forma de expresión persoal, convida a cada noiva para mergullarse no proceso de creación do seu vestido de noiva, recoñecendo o “carácter” que achegan texturas como o Encaixe Camariñés. A colección cápsula está meticulosamente deseñada con vestidos convertibles e atemporais, concibidos para ser unha ferramenta de autoexpresión para a noiva, permitíndolle modificar o deseño do vestido e elixir o Encaixe de Camariñas que máis se axuste ao seu estilo e personalidade.