O Entroido entrou con forza por Vimianzo

1 minutes read

Vimianzo viviu o seu primeiro día grande do Entroido, unha xornada que congregou a máis de duascentas persoas de todas as idades. Na troula, que comezou ás 17:00 horas, non faltou música, animación para toda a familia e disfraces orixinais, premiando aos mellores no concurso de disfraces. Supuxo un éxito de inscricións na modalidade de comparsas, un total de 8.

O principal atractivo deste primeiro día de festa foi o concurso de disfraces. No certame repartíronse 2.870 euros en premios en cinco categorías diferentes: Comparsas, con 1.000 euros para o primeiro clasificado, 500 para o segundo e 200 para o terceiro; Grupos, dando 500 euros ao gañador, 200 ao subcampión e 100 ao terceiro; Parellas, outorgando 100 á mellor, 75 á segunda clasificada e 50 á terceira; Individual infantil, con premios de 60, 40 e 20 euros; e Individual adultos, dando 100, 75 50 euros aos tres primeiros clasificados respectivamente.

Deu comezo ás 17:00 horas na praza do Concello e estivo amenizada durante a tarde pola charanga Santa Compaña e, a continuación, pola Orquestra Eureka, que estirou as celebracións ata pasada a medianoite para aqueles con máis gañas de festa.