O Ministerio do Interior recoñeceu a traxectoria do carballés José Luis Barca Añón (Luitino) pola súa traxectoria á fronte da Agrupación de voluntarios e voluntarias de Protección civil de Carballo e na Protección Civil en xeral durante o últimos trinta e cinco anos. Por iso foille entregada a Medalla de Bronce con distintivo Azul, concedida polo Ministerio do interior ao Mérito de Protección Civil, nun acto celebrado este luns na Escola Nacional de Protección Civil en Madrid. O acto estivo presidido polo ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.

Recibiron condecoracións membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, das Forzas Armadas, da Administración Xeral do Estado, Autonómica e Local, así como outras institucións e cidadáns que realizaron unha contribución singular á Protección Civil durante 2023. Entregáronse 75 medallas ao Mérito de Protección Civil nas diferentes categorías de ouro, prata e bronce e co distintivos vermello, azul ou branco.