O punto morto no que se atopa o Congreso dos Estados Unidos sobre a nova axuda a Ucraína “xa tivo consecuencias” no campo de batalla, advertiu Jens Stoltenberg.
“Está a afectar ao fluxo de apoio”, declarou o secretario xeral da OTAN tras unha reunión de dous días dos ministros de Defensa en Bruxelas.
“Ata certo punto, esto pode compensarse cun maior apoio doutros aliados. E os aliados europeos e Canadá están a dar un paso adiante, están a facer máis. Se xuntamos o apoio militar, o económico e o humanitario, en realidade Canadá e os aliados europeos están a proporcionar máis apoio que Estados Unidos”, proseguiu.
“Pero Estados Unidos é, con diferenza, o maior aliado; por suposto, é vital que sigan prestando apoio e, por tanto, sigo esperando que poidan tomar unha decisión canto antes”.