En marcha o programa de educación afectivo-sexual de Vieiro: ‘Quéreme Ben’

1 minutes read

A asociación Vieiro, dentro da súa programación no ámbito educativo leva días impartindo o programa de educación afectivo-sexual: “Quéreme Ben” ao alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria.

O obxectivo deste programa preventivo é incrementar o nivel de coñecemento, habilidades e desenvolvemento de actitudes que contribúan a elevar o nivel de saúde sexual na poboación adolescente propiciando a diminución das condutas de risco, así como enfermidades de transmisión sexual.

“Quéreme Ben” está concibido como unha ferramenta destinada a facilitar a posta en práctica de procesos de educación afectivo-sexual tratando de proporcionar ferramentas que permitan ao alumnado adquirir capacidades para desenvolver unha vida afectiva responsable, satisfactoria e en igualdade.

Este programa lévase a cabo en formato de taller composto por 4 sesións de 55 minutos de duración que se imparten con periodicidade semanal.

A asociación Vieiro, agradece a excelente disposición dos centros educativos, así como todas as facilidades dadas polos equipos directivos e claustro de profesores para poder levar a cabo este programa subvencionado polo Concello de Carballo.