Evacuado en helicóptero un home que se sentiu indisposto en Carballlo

1 minutes read

Un home de mediana idade estaba a ser atendido nunha clínica privada carballesa, de súpeto sentiuse indisposto e tivo que ser trasladado ao centro de saúde da vila, para que desde alí se coordinase un operativo a través do 112 Emerxencias Galicia para unha posible evacuación urxente ao CHUAC. Tras unha valoración inicial, decidiuse o envío dun helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago de Compostela. A aeronave aterraba aos poucos minutos nunha finca particular fronte ao centro de saúde carballés. O operativo de control do tráfico e acceso ao helicóptero estivo coordinado por dúas patrullas da Garda Civil durante máis dunha hora, ata que a persoa foi trasladada á aeronave para ser derivada ao hospital. Protección Civil e Policía Local de Carballo tamén foron informados deste operativo polo 112.