O presidente de Rusia, Vladímir Putin, volveu a ameazar á OTAN con graves consecuencias se envía soldados a Ucraína.
“Houbo comentarios sobre a posibilidade de enviar continxentes militares da OTAN a Ucraína. Lembramos a sorte daqueles que unha vez enviaron continxentes ao territorio do noso país. Agora as consecuencias para os posibles intervencionistas serán moito máis tráxicas”, declarou Putin durante o seu discurso anual sobre o Estado da Federación ante a Asemblea Federal.
Ademais, lembrou unha vez máis a capacidade nuclear rusa. “As forzas nucleares estratéxicas están en estado de dispoñibilidade total para o seu uso garantido (…) Deben entender que tamén nós temos armas que poden golpear obxectivos nos seus territorios. Todo esto ameaza cun conflito nuclear e a destrución da civilización. É que non o entenden?”, subliñou.