15
O pesqueiro Nuevo Jormar encallou nas rochas da costa de Camariñas con dous tripulantes a bordo que lograron saltar a terra sen sufrir feridas. O incidente tivo lugar ás 16,00 horas deste martes na zona do porto de Santa Mariña. Segundo informou Salvamento Marítimo, a alerta fixo que desde a central de coordinación se dese orde de intervir á embarcación Salvamar Altair. Con todo, esta non chegou a saír do porto base porque os mariñeiros estaban a salvo e outro pesqueiro lograra sacar das pedras ao Nuevo Jormar. Dáse a casualidade que este barco xa foi protagonista dun rescate o pasado 2 de outubro de 2023 cando quedou á deriva debido a un grave fallo no motor.