Afaber pon en marcha en Laxe un curso formativo para coidadoras de persoas con demencia

1 minutes read

Os cursos formativos gratuítos para persoas coidadoras de persoas cunha demencia neurodexenerativa darán comezo coa súa primeira sesión o mércores 13 de 16:30 a 19:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Laxe (Rúa Vila Amparo, 23).
A segunda e terceira sesión serán o mércores 20 de 16:30 a 19:00 horas e o mércores 27 de 16:30 a 19:30 horas.
FAGAL (Federación Alzhéimer Galicia) e AFABER (Asociación Familiares de Alzhéimer de Bergantiños) estrean esta iniciativa no Concello de Laxe e impartirase por profesionais de Afaber que achegarán ás persoas coidadoras de persoas maiores con demencia, residentes no rural, formación e información acerca do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, así como recursos para poder mellorar a súa calidade de vida.