A voz de alarma foi pasada ao 112 por varios usuarios da autoestrada AG-55 minutos antes das tres da tarde deste luns. Unha muller maior camiñaba pola autoestrada AG-55 coa intención de chegar á zona de Cereo, en Coristanco dende a zona de Punta del Este en Carballo, segundo sinalaron fontes próximas a súa familia. Tras ser alertados os servizos de emerxencia, ao lugar desprazábase a Garda Civil e tamén unha patrulla da Policía Local carballesa, foi esta última a que localizou á muller e a trasladou a un lugar seguro para acto seguido tratar de localizar a algún familiar que se fixese cargo dela. En principio a muller estaba en bo estado a todos os niveis, argumentando que quería ir ao atallo para chegar a Coristanco. Cabe destacar que nesa zona xa se teñen dado máis casos similares, coa perigosidade que elo conleva.
22