Carballo | Senda Nova presentará este sábado en Oza a súa XV Primavera en Ruta

1 minutes read

Este próximo sábado día 23 de marzo ás 12:00 horas o Espazo da Natureza de Oza acollerá a presentación da edición número 15 da Primavera en Ruta, o programa máis antigo de cantos se propoñen na asociación.

Ao acto están convidados representantes dos concellos colaboradores, e de entidades relacionadas coas andainas por onde pasará esta 15 edición. Tamén asistirán socios e socias da entidade e público en xeral, xa que será un acto aberto. No mesmo darán cabida tamén á proxección dos vídeos de valorización do proxecto.

Despois da presentación da XV Primavera en Ruta terá lugar un xantar popular aberto, podendo participar todas as persoas que o desexen. Para facelo nada máis hai que aportar comida para compartir. A bebida poñerana dende Senda Nova.